Lista de correo

Usuario 

mail 



Fademga Facebook
Twitter
Buzón de Suxerencias
Boletín INFO XXI
Calendario 2010
Pictotraductor
proxectocofinanciado
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
PROXECTO_COFINANCIADO1
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
Calidade FEAPS
Banner hermanos 2013
Inicio arrow Coñecenos arrow A DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A DISCAPACIDADE INTELECTUAL

“A discapacidade intelectual caracterízase por limitacións significativas no funcionamento intelectual (significativamente inferior á media) e na conduta adaptativa, expresada nas habilidades adaptativas conceptuais, sociais e prácticas (comunicación, coidado propio, vida no fogar, interrelación co entorno, uso da comunidade, autodirección, saúde e seguridade, contidos escolares funcionais, ocio e traballo). Esta discapacidade orixínase antes dos 18 anos”.
 (Luckasson e cols., 2002)

Cómpre engadir que proporcionando os apoios individualizados axeitados calquera persoa pode mellorar a súa vida e acadar así a súa plena integración na sociedade actual, salientando o emprego como un importante elemento facilitador de dita integración, senón o máis vital de todos.

Esta DEFINICIÓN...


- Asume que, cos apoios apropiados, a conduta adaptativa mellorará.
- Recoñece que as limitacións das persoas coexisten con puntos fortes e, por tanto, aquelas son só unha parte do cadro total de funcionamento global da persoa.
- Elimina as anteriores categorías - lixeiro, moderado, severo e profundo- a favor dun novo modelo que categoriza os apoios requiridos, non ao individuo. Ainda así, en determinadas ocasións/contextos pode clasificarse en función do seu rango de CI (cociente intelectual).
- Considera a intensidade e o patrón cambiante dos apoios requiridos por unha persoa ao longo da súa vida.
- Avalía á persoa utilizando un enfoque multidimensional (capacidade intelectual, conduta adaptativa, participación, interacción e rol social, saúde, contexto).

QUE SON OS APOIOS

Son recursos e estratexias que perseguen promover o desenvolvemento, educación, intereses e benestar persoal de alguén e que favorecen o  seu funcionamento individual. Os servizos son un tipo de apoio proporcionado por profesionais e entidades, pero non son único.

Intensidade dos apoios:

' Intermitente
' Limitado
' Extenso
' Xeneralizado

Fontes dos apoios:

-Naturais: dados por persoas ou equipamentos nunha contorna que leva a resultados persoais desexados. Son apoios dispoñibles no propio ambiente e culturalmente apropiados e están soportados por recursos da propia contorna.
-Baseados en servizos: proporcionados por persoas ou equipamentos que non forman parte do ambiente natural da persoa con discapacidade.

DIMENSIÓNS DA DISCAPACIDADE INTELECTUAL

O funcionamento individual é o resultado da interacción dos apoios coas dimensións de:
(I) Capacidades intelectuais
(II) Conduta adaptativa
(III) Participación, interacción e roles sociais
(IV) Saúde
(V) Contexto.

A avaliación das necesidades de apoio pode ter diferente relevancia, dependendo de si se fai con propósitos de clasificación ou de planificación de apoios.



Definición de discapacidade intelectual

Analisis da definición de Discapacidade Intelectual (2002)

Cambio do término Retraso Mental a Discapacidade Intelectual (2007)