Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
Advertisement
JUAN CID, NOVO PRESIDENTE DE FEAPS Imprimir

O pasado venres 26 de febreiro, na Xunta Directiva celebrada en Toledo, FEAPS aprobou a decisión de nomear Presidente Juan Cid, até agora Presidente de FEVAS. Cid releva no cargo a Pedro Serrano, que ocupou a Presidencia desde novembro de 2001.

Juan Cid, de 52 anos de idade, pai dun mozo con Trastorno do Espectro Autista, incorporouse ao ámbito asociativo en 1992, cando entrou a formar parte da Xunta Directiva de Gautena, que é a Entidade Guipuscoanade Autismo. En 2003 pasou a ser Vicepresidente da Entidade e no ano 2005 Presidente. En 2006 accedeu á Presidencia de FEVAS e posteriormente foi vogal da Xunta Directiva de FEAPS, que agora preside.

Esta substitución na Presidencia da organización enmarcouse na celebración do Congreso Toledo 10 , celebrado na capital manchega durante os días 26, 27 e 28 de frebreiro. Este evento culminou un ano de reflexión do Movimento Asociativo FEAPS, no que 7.500 persoas debateron e deseñaron as principales liñas estratéxicas da organización do futuro, a través de máis de 10.000 ideas e achegas.