| CONVOCADO O SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR PARA O 2010 |
|
|
Un ano máis, xa está dispoñible o programa do Servizo de Respiro Familiar, destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar mellor o seu día a día, ofrecéndolles unha xornadas de reposo e tranquilidade. Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe tanto económico como social. Ademáis tamén prevén situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas e evita o desarraigo e deterioro das familias favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual. SEGUIR LENDO...
3 TIPOS DE MODALIDADES As modalidades coas que conta o servizo de respiro familiar son: 1. Apoios puntuais individuais e compartidos (canguro). Concederase un máximo de 60 horas anuais. 2. Estancias en instalacións comunitarias (turnos programados) 3. Estancias en residencia entre 1 e 7 días, ou con carácter excepcional entre 7 e 15 días. * Tanto na modalidade de turnos programados como na de estancias en residencia, cada familia terá dereito a un máximo de 20 días, que poderán ascender a 30 no caso de que o usuario manifeste graves problemas de conduta que xeneren disfuncións a nivel familiar, o que será valorado pola Federación. Ademáis, ao igual que en anos anteriores, tódalas entidades teñen a posibilidade de executar, directamente dende as mesmas, quendas do servizo de respiro familiar, subvencionados polo Ministerio de Sanidade e Política Social e por FEAPS. O servizo deberá ser solicitado polo menos con 2 meses de antelación e os gastos correrán a cargo do Programa de Apoio Familiar , sendo as asociacións as que deban organizar a actividade e buscar aos monitores, sempre e cando poñan a disposición dos membros doutras asociación un mínimo da metade das prazas. Este servizo terá duración de fin de semana, e non poderá coincidir coas datas programadas dende FADEMGA. A continuación tedes a vosa disposición os links para descargar o programas e a documentación que será necesario entregar para solicitar o Servizo. Programa Respiro Familiar 2010 INFORMACION IMPORTANTE SOBRE REXISTROS certificado de non participar irpf _entidade_2010 Certificado de non participación en ningunha subvención do IRPF (PERSOA) Ficha de solicitude de apoios puntuais (CANGURO) Solicitude de apoios individuais compartidos (CANGURO COMPARTIDO) Solicitude de estancia en residencia / turnos programados Solicitude de apoios puntuais compartidos Informe xustificativo da demanda Autorizacion do usuario e do pai,nai, ou titor Ficha de conocimiento personal 2010
|