| SERVIZO DE ASESORÍA XURÍDICA 2010 |
|
|
Un ano máis, a Federación, a través do Programa de Apoio Familiar, dirixido ás familias de persoas con discapacidade intelectual, pon en marcha o Servizo de Asesoría Xurídica, para dar resposta ás dubidas de carácter legal e xurídico sobre temas como a tutela, responsabilidades penais e civís das persoas con discapacidade, esterilización, herdanzas etc. Dentro do Servizo de Asesoría Xurídica, hai dúas modalidades de atención: 1. Charlas xurídicas 2. Consultas individuais
CHARLAS XURÍDICAS As charlas xurídicas pretenden achegar ás familias temas xurídicos de relevancia, dun xeito ameno e próximo, dándolles en todo momento a posibilidade de preguntar dúbidas que procuran resolverse no momento.
Este servizo está destinado ás familias de persoas con discapacidade
intelectual. As familias deberán de representar o 80% dos asistentes,
sendo o número mínimo de participantes 12 (10 familiares) e o máximo
de 40 ( 32 familiares). Entre os temas que se abordarán cabe destacar
os procesos de incapacitación, o contrato de alimentos, a herdanza, o
patrimonio protexido, o dereito de habitación ou a autotutela.
Presentación de solicitudes As entidades interesadas deberán de presentar as súas solicitudes por escrito, cubrindo todos os apartados da FICHA CHARLAS A ficha deberá de achegarse a FADEMGA con dúas semanas de antelación á data de celebración, e pode facerse mediante: a) Por correo electrónico á dirección b) Por fax a través do número 981 51 96 51 c) Por correo postal á dirección: Vía Pasteur, 53, A. Polígono do Tambre. 15890, Santiago de Compostela. Para máis información consulta o seguinte enlace: CHARLAS XURÍDICAS 2010
CONSULTAS INDIVIDUAIS No caso das consultas individuais, estas deberán de solicitarse por escrito mediante a "Ficha de consultas individuais" As famlias interesadas deberán de presentar esta ficha a través da súa entidade, cubrindo tódolos apartados, e deberase de facer chegar a FADEMGA a través de: a) Correo electrónico: b) Por fax a través do número 981 51 96 51 c) Por correo postal á dirección: Vía Pasteur 53, A, Polígono do Tambre, 15890, Santiago de Compostela. Para máis información sobre as consultas individuais, pincha no seguinte link: CONSULTAS INDIVIDUAIS 2010
ACTUALIZADO: A PARTIR DO SEGUINTE ENLACE PODEDES DESCARGAR A NOVA FICHA DE SOLICITUDE DA Guia xuridica 2010
|