Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
CONCLUSIÓNS DO IX ENCONTRO AUTONÓMICO DE AUTOXESTORES Imprimir

O pasado mes de decembro tivo lugar en Sada o IX Encontro de Autoxestores, organizado pola Asociación APACESCO e por Fademga Feaps Galicia. Os autoxestores aproveitaron esta ocasión para reivindicar o seu dereito a decidir por sí mesmos. Froito deste Encontro, os autoxestores chegaron a unha serie de conculusións entre as que se encontran:

"Aprender a vivir só", significa "ser responsable", "non depender da familia, pero contar sempre co seu apoio" e "asumir responsabilidades". Pero vivir só tamén implica responsabilidades, entre as que se contan: "controlar os gastos", "saber relacionarse coa xente", "saber asumir as tarefas da casa", "coidar a hixiene" e "contar co apoio da familia"

"Respecto de decisións". Os autoxestores aboradaron a problemática de que moitas veces non se respetan as súas decisións. Na maioría das ocasións esto é debido a que "as familias ou monitores teñen medo do que nos poda pasar; de que nos equivoquemos ou nos sudeda algo". "Non nos escoitan, non nos fan moito caso, ou simplemente PORQUE NON NOS PREGUNTAN" e tamén "porque non sempre somos responsables, e por iso, non se fían de nós". En referencia ao respecto de decisións os grupos de autoxestores tamén concluíron que "todos temos dereito a decidir, aínda que ás veces teñamos que recibir axuda ou apoios". Para que se respeten as súas decisións concluén que " temos que pedir que respecten o noso dereito a decidir por nós mesmos, temos que pedir que nos escoiten, nos pregunten e nos deixen falar. Que conten con nós e nos dean a OPORTUNIDADE de decidir. Para elo tamén temos que ser responsables e saber cando pedir axuda, dialogar coa familia e cumprir coas nosas obrigas"

 

"QUEREMOS QUE ESTAS CONCLUSIÓNS SE FAGAN CHEGAR ÁS FAMILIAS, PARA QUE NAS NOSAS CASAS SEPAN O QUE TRABALLAMOS NOS ENCONTROS E QUE PODEN CONFIAR EN NÓS. CREMOS QUE ISTO FARÁ QUE PODAMOS DECIDIR UN POUCO MÁIS CADA DÍA"