| A ASOCIACIÓN AGASFRA CONTARÁ CO SEU PROPIO GRUPO DE AUTOXESTORES |
|
|
Como cada ano, despois da realización do Encontro Autonómico de Autoxestores, unha nova asociación creará o seu grupo coa axuda de Fademga. A entidade que o fará no 2010 será AGASFRA de Vigo. Esta asociación ven desenrolando actividades baseadas nos modelos de calidade de vida de FEAPS, como no ámbito do ocio, por exemplo, onde as persoas con discapacidade deciden o que queren facer. Inicialmente o novo grupo contará cun número de entre 11 e 15 autoxestores,máis unha persoa de apoio. Dende a Federación faise o seguimento de todos os grupos existentes (que actualmente pasan a ser 16) prestando un apoio especial ao novo grupo que empeza a súa andaina e que, ademáis, será o organizador do X Encontro Autonómico. Ademáis de AGASFRA, as asociación ACEESCA (de Porriño) e ASPANAEX (de Vigo) tamén se presentaron á Convocatoria que fixo a Federación, amosando un gran interese por crear o seu propio grupo de autoxestores. Por elo, dende aquí queremos felicitar a estas entidades pola súa iniciativa e animalas a seguir participando. As Asociacións as que pertencen os grupos de autoxestores actualmente son: Juan XXIII (Pontevedra), ASPRONAGA (A Coruña), ASPNAIS (Lugo), Ntra. Sra. de Chamorro (Narón), PRODEME (Monforte de Lemos), ASPACE (A Coruña), APADER (Cedeira), AMIPA (Padrón), ASPAS (Santiago de Compostela), Valle Miñor (Nigrán), APACESCO (Betanzos), AGASFRA (Vigo) e ASPADEX (Cee) que conta con 4 grupos.
|