|
“El cielo era el techo”, novo video de Lecer Inclusivo de FEAPS |
|
|
O Lecer é un dereito humano fundamental que favorece o desenvolvemento das persoas e do que ninguén debese ser privado por razóns de discapacidade, xénero, orientación sexual, idade, etnia, ou calquera circunstancia persoal ou social.
Tamén é un medio esencial para lograr o benestar emocional, o desenvolvemento de relacións interpersoais significativas e para fomentar a inclusión no propio contorno. É, en definitiva, un factor clave para a mellora da calidade de vida.
FEAPS, en colaboración con CajaGranada, realizou o seguinte vídeo no que se mostran diferentes actividades de lecer inclusivo de persoas con e sen discapacidade intelectual. Nel, os usuarios destes servizos, as familias e profesionais do noso movemento asociativo contan as súas vivencias e experiencias dentro deste ámbito. Ademais, FEAPS creou un blog no que pode verse o vídeo e dar a opinión sobre o mesmo e sobre o lecer inclusivo. A dirección é http://ociofeaps.blogspot.com
|