Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
XORNADAS TÉCNICAS DE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL Imprimir

 

 

 

 

O pasado día 14 de decembro de 2009 o Servizo de Fomento do Emprego de Fademga Feaps Galicia (pertencente á Rede de Técnicos de Emprego de Galicia) acudiu ás Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral” organizado Concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Plataforma polo Emprego, e que tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

 

Ditas xornadas tiveron como principal obxectivo promover un lugar de encontro para todas aquelas persoas ou entidades involucradas na loita contra a exclusión social. As xornadas comezaron ás 10 da mañá coa ponencia "As empresas de inserción. Marco Legal. Expectativas. Límites. Alternativa para unha época de crecemento do desemprego" e prolongáronse ata a tarde.

 

Ademáis desta ponencia tivo lugar unha mesa redonda sobre experiencias de empresas de inserción no ámbito estatal, un relatorio sobre a experiencia de Emaus Fundación Social como promotora de empresas de inserción e varios obradoiros de traballo que versaron sobre "Cómo montar unha empresa de inserción laboral", "As empresas de inserción no marco dos itinerarios de inserción laboral" e " Mercados protexidos e cláusulas sociais como ferramentas para a inserción laboral"