Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
FADEMGA FEAPS GALICIA E CAIXA GALICIA, 47.000 EUROS PARA A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA Imprimir
Esta cantidade será empregada na adquisición de novos vehículos que faciliten a mobilidade das persoas con discapacidade intelectual

convenio_caixa_galicia_09.jpgSantiago, 14 de decembro de 2009; O Presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Julio Cortiñas López, e o director de Caixa Galicia, José Luís Méndez, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades mediante o cal Caixa Galicia, dentro do seu programa de promoción e actividade social, concede a FADEMGA FEAPS GALICIA a cantidade de 47.000 euros para a adquisición de novos vehículos furgonetas adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, ás cales FADEMGA presta servizos.

Grazas a este convenio, FADEMGA FEAPS GALICIA poderá engadir estes novos vehículos ao seu parque automobilístico; vehículos que se adquiren para ceder ás asociacións federadas dando así resposta ao proxecto deseñado pola Federación baixo o nome de ‘O servizo do transporte ao alcance de tod@s’, e que permitirá axudar a eliminar as barreiras coas que a diario se atopan as persoas con discapacidade intelectual e facilitando o seu acceso a actividades de ocio, tempo libre, emprego ou formación, entre outras moitas.

Con este proxecto, FADEMGA FEAPS GALICIA pretende paliar a problemática existente nos servizos de transporte tanto públicos como privados. Búscanse mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade intelectual aos centros e servizos, conseguindo así un pleno desenvolvemento persoal, laboral e social dos beneficiarios. Ao mesmo tempo, conseguirase paliar dificultades propias da fisionomía galega, como pode ser a dispersión xeográfica das nosas vilas e aldeas, coa conseguinte dificultade de comunicación que conleva.

Con esta colaboración, que xa é habitual entre ámbalas dúas institucións, permítese facilitar o transporte diario das persoas con discapacidade intelectual das súas respectivas casas ás entidades federadas aumentando así a participación dos usuarios das mesmas en todas as actividades programadas polos centros aos que asisten, así como aumentar a súa socialización.