Lista de correo

Usuario 

mail 



Fademga Facebook
Twitter
Buzón de Suxerencias
Boletín INFO XXI
Calendario 2010
Pictotraductor
proxectocofinanciado
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
PROXECTO_COFINANCIADO1
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
Calidade FEAPS
Banner hermanos 2013
Inicio arrow Servizos arrow Área de atención a persoas con discapacidade intelectual - Área social arrow Desvantaxe Social

Apoio e orientación ante alteracións da saúde mental e conduta

ATENCIÓN A PERSOAS CON NECESIDADES COMPLEXAS

 

 

O novo Programa de Atención a Persoas con Necesidas Complexas continuará traballando pola mellora dos apoios que reciben as persoas con trastorno dual, é dicir, aquelas persoas con discapacidade intelectual que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados, un colectivo en clara desvantaxe social. Farao a través da área de Apoio e orientación ante alteracións da saúde mental e conducta

Cada vez con máis frecuencia detéctanse persoas con discapacidade intelectual que presenten algún trastorno mental ou alteración de conducta asociado. Unha boa abordaxe da situación da persoa, beneficiará a todos, a propia persoa, aos profesionais, á familia e ao resto de persoas do seu entorno.

Con esta finalidade creouse na Federación, a finais de 2003, o Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta. Este Grupo pretende servir como referencia e grupo de apoio, proporcionando un lugar de encontro no cal é posible expoñer, consultar e comentar todas as dúbidas e dificultades presentadas polos profesionais en relación á intervención a desenvolver con persoas con diagnóstico dual (discapacidade intelectual e alteracións de conduta e/ou trastorno mental asociado).


QUE É O GRUPO DE TRABALLO E QUE FAI:

Actualmente o Grupo de Traballo está formado por 25 profesionais de 19 entidades (ASPRONAGA, ASPABER, ASPADEX, CAPD de Coruña, PAI MENNI, ASPAS, AFADI, ASPANANE, ASDEME, ASPNAIS, CAMIÑA, APAMP, ASPAVI, ASPADEZA, ACEESCA, ASPANAEX, SAN XEROME EMILIANI, JUAN XXIII e ASPANAS) e 1 coordinadora da Federación. Os profesionais que o conforman son de diferentes disciplinas (psicólogos, pedagogos, traballadores sociais…), constituíndo así un equipo multidisciplinar.

O grupo traballa en reunións grupais a través de dúas liñas de actuación principais:

1)    O estudo de casos. Calquera entidade pode derivar casos para que os aborde o grupo en colaboración con profesionais da mesma. Dende o Grupo estúdanse e valóranse os casos que derivan as asociacións, para posteriormente orientarlles no tipo de intervencións e apoios que poden levar a cabo (abórdanse en torno a 8 casos por ano).

2)    Buscar a implicación da Administración. O traballo do grupo tamén se centra na procura de colaboración coa Administración co obxecto de conseguir avances en todo o que se refira ás persoas con trastorno dual Intentase buscar a implicación dos profesionais pertencentes ao ámbito sociosanitario (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demáis profesionais vinculados).
 
 
Para que outros profesionais poidan incorporarse a este Grupo de Traballo abrimos a presente convocatoria. Convidamos a todas aquelas asociacións federadas e aos seus profesionais, con gañas e con compromiso, a formar parte activa deste Grupo, aportando os seus coñecementos sobre a realidade na que se centra este programa.
 
As persoas interesadas en participar neste Grupo deberán presentar, debidamente cumprimentada, a seguinte documentación:

- Ficha de Profesionais 2013.

- Compromiso de Confidencialidade.
 
 
 
PRAZO: documentación deberá estar na Federación o 5 de febreiro de 2013
 
Podedes enviala a:

Correo postal: Vía Pasteur 53 – A, Polígono do Tambre
15890. Santiago de Compostela.
E-mail:
 Fax: 981 519 651
 
 
 
PARA ENVIAR CASOS AO GRUPO DE TRABALLO:

IMPORTANTE: A posibilidade de enviar casos para o seu estudo por parte do Grupo está aberta a todas as entidades federadas e non federadas, non é necesario formar parte do Grupo de Traballo para poder presentar casos.

Pódense achegar casos durante todo o ano, sempre e cando, as entidades que os deriven se comprometan a designar dentro da súa organización aos profesionais que se encargarán de expoñer o caso, facer as intervencións e o seguimento dos mesmos, para poder avaliar os resultados conseguidos.  

O envío de casos terá carácter confidencial e anónimo. Un profesional da entidade que o derive participará nunha reunión do Grupo para expoñer, de primeira man, os datos aportados, as circunstancias e a súa visión do caso. Nesa reunión valoraranse as posibles hipóteses a considerar e as estratexias de intervención plantexadas en casos similares.

Para o envío de casos e o seu estudo dun xeito sistemático, debe utilizarse a Folla de Rexistro de Datos na que se recollen os aspectos fundamentais para que o Grupo poida realizar unha valoración conxunta e determinar as posibles liñas de intervención.

SESIÓN CLÍNICA:

Este ano trataremos de dar continuidade á sesión clínica co psiquiatra Ramón Novell, xefe do servizo de psiquiatría e discapacidade intelectual do Servizo Catalán de Saúde, e o seu equipo.

Ramón Novell aportará a súa visión e dilatada experiencia como especialista no campo, valorando e buscando solucións en cada caso concreto para que as intervencións futuras dos profesionais teñan maiores probabilidades de éxito e sexan máis efectivas.

Nesta actividade poderán participar, ademais dos membros do grupo,  profesionais de entidades federadas e profesionais do ámbito sanitario que estean interesados.

IMPORTANTE: Na sesión clínica terán prioridade os casos derivados e analizados previamente no grupo de traballo.
 


logofeaps.png