Encargámonos de orientar e informar ás asociacións na solicitude de subvencións, relacións coa Xunta, Concellos, Deputacións e outros organismos. Informamos sobre a creación de novas asociacións que traballan con persoas con discapacidade.
A parte financeira xestiona os recursos económicos disponibles para o desenvolvemento das actividades de cada unha das áreas da federación, definidas anualmente polo comité de calidade e o órgano de goberno. Colabora e participa con outras áreas no proceso de captación de novas fontes de financiación. Deste xeito as principais fases polas que transita a xestión económica son:
-Elaboración dos orzamentos analíticos por áreas, segundo o seu Plan de Acción a desenvolver anualmente.
-Rexistro e presentación das operacións contables, tanto para información interna como para terceiros (financiadores públicos, privados, auditores, admon. pública acredora,..)
-Xestión de tesourería que permita manter un saldo positivo entre cobros e pagos co fin de manter un funcionamento óptimo.
-Xestión e avaliación de proveedores, co fin de obter os bens e servizos para o desenvolvemento das actividades da maneira máis eficiente.
A parte administrativa xestiona os recursos materiais pertencentes á entidade, poñéndoos a disposición de tódolos grupos de interese participantes da actividade federativa para o logro dos obxectivos fixados. Así as funcións fundamentais que se desenvolven son:
- Xestión da documentación. Para un eficiente aproveitamento da información xerada e recibida, a través de ferramentas tecnolóxicas de arquivo e tratamento documental.
- Xestión dos medios materiais. Facilitar o aproveitamento dos materiais técnicos, informáticos, de transporte, etc, tanto o persoal da federación, como as entidades federadas, segundo corresponda.
- Xestión da actividade federativa. Consistente en levar a cabo tódalas accións organizativas, informativas que xorden entre os diferentes niveis do organigrama (masa social (asamblea)-órgano de goberno (xunta directiva)-xerencia), dando senso o carácter asociativo da entidade.
|