|
:: Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario CONVOCATORIA ABERTA: ata o 7 de xuño Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario. Os ditos programas están destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo, alcoholismo e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.
:: Ibercaja 9ª Convocatoria Ibercaja de Proyectos Sociales 2014 CONVOCATORIA ABERTA: ata o 28 de xuño A Obra Social de Ibercaja convoca a 9ª Convocatoria de Proxectos Sociais 2014, no seu desexo de responder as necesidades da sociedade, incorporando aspectos de empregabilidade, educación e de axuda e asistencia social. Orientada a colaborar con organizacións sen ánimo de lucro, asociacións e fundacións privadas cuxa labor se centra na atención a diversos colectivos que se atopen en risco de exclusión social ou ben en situación de dependencia social, física ou psíquica.
::CERMI Premios Cermi.es CONVOCATORIA ABERTA: ata o 22 de xullo O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) presentou as bases para unha nova edición dos Premios "cermi.es", patrocinados pola Fundación Vodafone, co obxectivo de recoñecer o labor realizado pola sociedade en favor dos dereitos, a participación comunitaria, a inclusión e a plena cidadanía das persoas con discapacidade e as súas familias. :: Fundación ONCE Solicitude de axudas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade CONVOCATORIA ABERTA: Con carácter xeral ata o 30 de setembro de 2013. Excepción para o relativo a "autoemprego e desenvolvemento de empresas do ámbito da economía social" que remata o 31 de xullo de 2013. Convocatoria para a solicitude de axudas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade promovida pola Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Discapacidade para o exercicio 2013.(BOE Nº 16,de 18 de xaneiro de 2013)
:: Fundación ANADE IX Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade intelectual CONVOCATORIA ABERTA: ata o 18 de outubro A Fundación NADE lanza unha nova concocatoria destos premios, co obxectivo de fomentar a lectura e a creación literaria entre as persoas cn discapacidade psíquica, física, orgánica e sensorial ou enfermidade mental.
:: Fundación Barrié e Cáritas Programa de Axudas de Emerxencia Social para familias
CONVOCATORIA ABERTA: ata o 1 de decembro de 2013 A Fundación Barrié, en colaboración con Cáritas renova por quinto ano o Programa de Axudas de Emerxencia Social dirixido a familias afectadas pola situación de empobrecemento xerado pola actual crise económica. |