|
O pasado Luns 16 de agosto, publicouse no BOE o XIII Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, que xa fora suscrito o 23 de xuño por unha parte, polas asociacións empresariais AEDIS, FEACEM, CONACEE, E Y G, y CECE como representación das empresas do sector, e por outra parte, polo sindicato CCOO en representación dos traballadores.
Podedes consultalo a través do seguinte enlace:
XIII CONVENIO COLECTIVO XERAL DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE
|
|
|
Baixo a lema "Dáme un punto de apoio e moverei o mundo", Laborvalía organiza este encontro que reunirá a expertos no ámbito do emprego en persoas con discapacidade. A cita terá lugar en Cidade Real os días 18, 19 e 20 de outubro de 2010. O prazo de inscrición xa está aberto.
+ info
|
|
|
No marco do máis grande evento na historia da Inclusión International, 2.700 persoas con discapacidade intelectual, familiares, políticos e profesionais, de máis de 80 países, reuníronse baixo a lema: Transformando dereitos globais en accións no 15 Congreso Mundial de Inclusion International do 16 ao 19 de Xuño do 2010 en Berlín. O obxectivo principal do Congreso foi o de discutir e avanzar na implementación da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade no mundo enteiro e para cimentar as bases para unha sociedade máis inclusiva. O Congreso foi unha plataforma para que todos os participantes puidesen intercambiar experiencias e ideas innovadoras.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 4 de 78 |