O Servizo de Asesoría Xurídica forma parte do Programa de Apoio Familiar de FADEMGA FEAPS GALICIA, que está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, gracias ás persoas que marcan na súa declaración da renda a casiña de "Fins Sociais". Vai dirixido ás familias de persoas con discapacidade intelectual e pretende dar resposta ás dubidas de carácter legal e xurídico sobre temas como: os procesos de incapacitación, o exercicio da tutela, as responsabilidades penais e civís das persoas incapacitas xudicialmente, a esterilización, os patrimonios protexidos, os internamentos involuntarios, as herdanzas, etc.
Acaba de ser publicada a Convocatoria do Programa de Desvantaxe Social para que outros profesionais poidan incorporarse ao Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta.
Informar sobre cómo achegar casos para analizar no grupo e poñer en coñecemento que se dará neste ano continuidade á sesión clínica coa participación do prestixioso psiquiatra Ramón Novell.
FADEMGA FEAPS GALICIA lanza unha nova convocatoria do curso básico de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA, un programa formativo destinado a "aprender a liderar" as organizacións do movemento asociativo.
O curso, que terá unha duración de 56 horas, desenvolverase entre os meses de Marzo de 2012 e Xuño de 2012 e constará de 7 sesións formativas que se impartirán en diferentes Venres e/ou Sábados.
Os destinatarios son os membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e o curso está deseñado para que polo menos 2 ou 3 directivos dunha mesma entidade participen como alumnos. Esta convocatoria estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados de mínimo dous directivos da súa entidade.
Lembramos que este curso é un dos requisitos para o acceso ás etapas de despregamento e excelencia do Sistema de Calidade FEAPS e a súa acreditación (A 2ª fase de Calidade FEAPS esixe que polo menos o 50% directivos da entidade estean formados).
O prazo de inscrición rematará o mércores, 15 de febreiro de 2012.
Podedes atopar a ficha de inscrición e máis información pinchando en: