Lista de correo

Usuario 

mail 



info xx1
Buzón de Suxerencias
Calendario 2010
Plan estrategico
Lectura facil
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
proxectocofinanciado
PROXECTO_COFINANCIADO1
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
Inicio

 
Destacadas
Convocado o Servizo de Respiro Familiar para 2012

Xa está dispoñible a través da sección "documentos", todos os impresos necesarios para solicitar o Programa de Respiro Familiar 2012, destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar mellor o seu día a día, ofrecéndolles unha xornadas de reposo e tranquilidade.

Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persrespiroweb11.jpgoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe tanto económico como social. O programa tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas e evita o desarraigo e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio, e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual.

Documentación necesaria para solicitar o servizo

 
Novas convocatorias de Autoxestores, Apoio á Vida Independente e Envellecemento 2012

Acaban de ser publicadas as Convocatorias para solicitar os programas de  Apoio á vida independente (antes denominado "Adultos Sos") para o Programa de Envellecemento e para o Programa de Autoxestores.
Podes atopar a convocatoria do Programa de Apoio á vida independente xunto con toda a información sobre o seu funcionamento no seguinte link: Programa de APOIO Á VIDA INDEPENDENTE 2012
A convocatoria e documentación para solicitar o Programa de Envellecemento podes atopala no enlace: Programa de ENVELLECEMENTO 2012
E por último, a información e documentación sobre a convocatoria de Autoxestores: Programa de AUTOXESTORES 2012
 
Candidatura de Eladio Fernández, como representante no Consello Galego de Servizos Sociais
O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Eladio Fernández, presentará a súa candidatura como representante no Consello Galego de Servizos Sociais, para as áreas de actuación de Atención e Prevención da dependencia, discapacidade e maiores,  representación que viña ostentando ata agora o anterior presidente da Federación, Julio Cortiñas.
Para manifestar o voso apoio á candidatura, podedes cubrir o formulario anexo e envialo a FADEMGA por correo ordinario antes do vindeiro 23 de febreiro:
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 131